XVI. A VIDA…

petapouca

O MEU amor…!

A vida

prostituta e suicida

baila na noite dun cabaret

Todo iso mo contan as horas

Pola rúa

entebrada e espida.

 

O meu amor…!

Onte rachei un verso

noctámbulo e descamiñado

 

Anestesia que levo

Todo iso mo contan as horas

Eu vou sumerso.

 

O meu amor…!

A vida

sen sabelo Ela

xa vai amándome e agarimándome

Eu case a compadezo

Todo iso mo contan as horas

Alá vai unha estrela!

 

O meu amor…!

A Lúa meteórica

caladamente

difúndese no ceo

A fonte virxe da praza prateada

é aínda tan sonámbula e metódica.

 

O meu amor…!

Despois hei de morrer

A Vida ha vir chorar cabo de min

Xa a[1] perdoarei…

 

Baila no cabaret endiamantado

Na rúa entebrada

un cantar de borracho a se alonxar

a se perder…

 
*Poema de tristes resnonancias bohemias. Vislúmbrase unha morte e o desolado ámbito da rúa onde un bébedo se perde mentres canta, en contraste co luxo bulicioso dun establecemento nocturno.

 


  1. Atopamos un posible caso de lleísmo que aquí reparamos.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *