XV. A ALMA NENA

petapouca

OUH alma espida!

Ti non voas ó Mundo

a desposarte co neno que naceu?

Hai roseiras de bágoas

que foron miñas

e de Ela

e dos que non sei Eu.

 

Ouh alma espida!

E ti voas ó Mundo

a desposarte co neno que naceu!

Cando saibas chorar…

Cando queiras chorar…

O cabo dun morto camiño

(que foi meu!)

Que silencio…!

Fai unha sombra verde…[1]

E agardareite Eu.

 


  1. Unha das fortes sinestesias empregadas por Manuel-Antonio que subliñan o carácter visionario, case feérico, da peza.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *