ELEXÍA AO CAPITÁN ROALD AMUDSEN QUE SE PERDEU NO POLO NORTE

petapouca

Oh Captain! My Captain!

Walt Whitman

PAISAXE:

Ninguén puido atopar entre a neve

eses beizos xeados

que se lle perderon ao silencio

E as lonxedades

ceibes

descinguiron a soedade

No remuíño

da derradeira rafega de vento

foise toda esperanza

e o Sol apagado

Ningunha voz poderá destemerse

sen caer morta aos pes da neve

coma un paxaro novo

Oh Capitán! Meu Capitán!

 

*Roald Amundsen (este é o apelido correcto e non o que figura no frontispicio do poema), explorador noruegués (1872-1928). Morreu no Ártico cando realizaba unha misión de axuda para salvar a outra expedición perdida.

**En nota a pé de páxina, o doutor García Sabell indícanos que o poema está inacabado, segundo a súa deducción.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *