OS CÓBADOS NO BARANDAL

petapouca

ATOPAMOS esta madrugada

na gaiola do mar

unha illa perdida (1)[1]

 

Armaremos de novo a gaiola

Vai a saír o Sol[2]

improvisado e desorientado

 

Xa temos tantas estrelas

e tantas lúas sumisas

que non caben no barco nin na noite

 

Xuntaremos paxaros sen xeografía

pra xogar coas distancias

das súas ás amplexadoras

 

E os adeuses das nubes

mudos e irremediábeis

 

E armaremos unha rede de ronseis

pra recobrar as saudades

coa súa viaxe feita

polos océanos do noso corazón.

 

(1) O mar adentro é unha illa de auga rodeada de ceo por todas partes.


  1. Esta nota a pé de páxina pertence a Manuel-Antonio e corrobora a tendencia vangardista de introducir procedementos da linguaxe científica ou ensaística nun discurso poético. Este recurso agudízase coa definición poética do mar que se realiza na nota.
  2. Perífrase verbal castelanizada que conservamos polo ritmo do poema. En galego ten de ser: vai saír o sol.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *