O CARTAFOL DO VENTO

petapouca

O VENTO perdeu as follas

do seu cartafol

—esas que os chuvascos

mecanógrafos

teclean no manual dos mastros?

 

As gavotas[1] non teñen quitasol

pero fan raudos equilibrios

polo aramio transparente

de tódalas ortodrómicas[2] do ceo

 

O pailebote sen velas

—Serán esas que o vento

levou no seu cartafol?

tamén fai equilibrios no ronsel

 

Coa boca aberta

—caille a baba—

está mirándonos o babión[3] do Sol.

 
*Cartafol: cartapacio, libro de apuntamentos.

 


  1. Forma dialectal de Manuel-Antonio, gaivota.
  2. Distancia máis curta entre dous puntos da superficie da Terra, que é unha liña recta.
  3. Babiolo, torpe, parvo.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *