NAVY BAR*

petapouca

ESTE bar ten balances

E tamén está listo

pra se facer á vela

 

Enchéronnos o vaso

con toda a auga do Mar

pra compor un cock-tail de horizontes

 

Pendurados das horas

atlas xeográfico de esperantos

están sen tradución

E tatexan as pipas

co ademán políglota das bandeiras

 

Ese cantar improvisado

é o mesmo

que xa se improvisou nalgures

 

Quen chegou avisándonos

desa cita nocturna que temos

co vento ao N.E.

na encrucillada das estrelas apagadas?

 

Aquí bebe de incógnito

o Mariñeiro Descoñecido

—sen xeografía nin literatura—

A noite dos naufraxios

co seu brazo salvavidas

aferrará connosco unha vela de chuvascos

 

O vaso derradeiro

estaba cheo de despedidas

 

Polas rúas dispersas

Íamonos fechando

cada un dentro da súa alta-mar[1]

 

No repouso dalgún vaso

tódalas noites naufraga o Bar.

 

* Locución inglesa que equivale no noso idioma a bar mariñeiro.

 


  1. A alta mar é o lugar da absoluta soidade do home para Manuel-Antonio. Cada mariñeiro vai penetrando na súa soidade persoal, esencial, como se entrase nun infindo mar interior que o afastase intensamente de todas as cousas do mundo.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *