MILAGRE

petapouca

DESPEDIDA sen verbas[1]

Despedida sen verbas

onde os cais[2] fican asolagados

Adeus mudo que no ar[3]

prolonga o fume dos vapores

Xa chego a non oír

o socavado torgo[4] dun barco

de tan lonxe que os ollos

se me foron a soñar

 

Cada cousa perdeu o seu presente

pra ser só ese algo

que ten da miña volta

Por eso dentro desta despedida

eu poño un beixo no mañá e nos teus ollos.

 

*Estamos diante dun dos poemas máis directamente amorosos do rianxeiro, aínda que o obxecto do seu amor apareza difuminado ao longo da composición.

 


  1. Forma falsamente galega: palabras.
  2. Palabra portuguesa procedente do francés que designa ao embarcadoiro.
  3. Conservamos a forma non normativa pola rima lonxíncua que establece con soñar.
  4. Torgo: son, ton.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *