LIED OHNE WORTE*

petapouca

ABOIA un esbardar de marusías

tentando os ceos sen atopar a Lúa

 

Pero a Lúa esta noite

desertou dos almanaques

 

Murcha entre dúas follas

—violetas pensamentos—

do manual póstumo

—outono de madrigais—

que versifiquei eu

 

Mansas vagas unánimes

reorganízanse detrás do vento

 

Cando pase a rafega derradeira

diranos adeus

co pano branco do gaf-tope[1]

 

Alude a un fracaso

de follas amarelas

e renóvase o sorriso dos mastros

sempre coas ponlas novas e xoviais

 

Noiva miña

vestida de lúa

que romantizas

¡tan cursi![2]

polo xardín

 

Senteime a proa

fumando a miña pipa

Pero outra noite pensarei en ti.

 
* Esta expresión alemana significa «Canción sen palabras».
 


  1. Expresión foránea, incorrectamente escrita. O gaff-top é unha vela triangular de escaso tamaño que pendura baixo as astas dos mastros, á beira das gavias e sobre as enxarcias.
  2. Exclamación irónica que rompe o ton descritivo e sobrio da composición, premeditadamente, por abrupto contraste.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *