LECER

petapouca

GAVOTAS que levan no peteiro

as cartas dos mariñeiros namorados

 

Vapores burgueses

que nos ofrecen o remborque[1] do seu fume

 

Pero as nosas velas encalmadas

espantan a bandazos

as horas como moscas

 

Vigo está tan lonxe

que se desorientaron as cartas mariñas

 

Unha pipa máis

de vagar

deica ver a hora que dá[2] o reloxe

Entra unha fría de vento?

—moi ben!

 

Enrolárase a pausa

nas súas espirais

E non sabemos

(abonda xa de parénteses)

engadirnos outra volta

a todo eso que se nos esquenceu

 


  1. Ronsel, estela de fume deitada polo barco.
  2. No orixinal non aparece con til. Evidentemente trátase dun erro ou dunha errata.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *