INDELÉBEL

petapouca

TAMEN esta hora

chegou a mirarse no espello do Mar

Por eso eu estou vendo

—aínda era neno…—

a miña fasquía verde e salgada

arrendeada polo vento dos naufraxios[1]

 

Son os ollos que pintan

un novo paisaxe[2]

e os ouvidos[3] que inventan

unha nova voz

 

Eu sempre equidistante

De tantas vidas que levo agardando

que o Mar me devolva

algo que rebule nas miñas veas

 

Por eso o meu corazón

coma un paxaro na man

latexa o mesmo pulso

baixo a pauta que o retraio

reitera na mallante.[4]

 


  1. De novo a sinestesia manuel-antoniana lévanos ao territorio da infancia. O poeta espera do mar a devolución do tempo que pasou. O «vento dos naufraxios» é o tempo que decorre imparable e que nos leva amargamente á morte.
  2. Conservamos o castelanismo do xénero masculino (pois en galego é a paisaxe) para preservar o ritmo da estrofa.
  3. Tamén mantemos esta forma non normativa de oídos pola leve aliteración que representa coa palabra que segue e coas que anteceden: novo, voz, ouvidos, inventan, nova.
  4. Residuos que fican na area cando a marea baixa e indican ata onde chegou a subida.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *