DESCOBERTA

petapouca

QUEN fechou esta noite

a fenestra azul do Mar?

Este Mar fuxitivo

de tódalas ribeiras

Náufrago do neboeiro

que desviou o rumbo

dos puntos cardinais

 

Ficaron as gavotas

tres singraduras a sotavento

Desorientáronse os arroaces

intrusos e impunes

 

Hoxe ninguén dá coa relinga

pra aferrar os panos do horizonte

E este serán tampouco

engaiolarémo-lo Sol

 

O Sol era un paxaro triste

que se pousaba no penol[1].

 


  1. Punta da verga do navío.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *