CAFÉ

petapouca

OS DOUS camareiros do espello

esmaltan o ar

polas dúas bandas

 

Bañamos na súa auga de xabón

o[1] suor das mañás infladas

O vapor que pita ámoras

trae unha fríxida

rafega transmeridián[2].

O pianista matina resolver

o rompecabezas dun tango jazzband[3]

O sonroxo[4] dun aplauso dormido

descúlpase chamando ó camareiro.

 

*Estamos perante o primeiro poema galego descritivo desa vella institución de tertulias literarias e bohemias que foi o café.

 


  1. Mantemos o xénero incorrecto polo paralelismo co inicio do seguinte verso: o suor / o vapor.
  2. Conservamos a terminación falsamente galega para preservar a rima.
  3. Voz inglesa (correctamente escrita sería jazz-band) que significa conxunto de jazz. Polo xeral estaba formado por unha batería, un ou máis baixos, un ou máis pianos, dous ou tres saxófonos e varios instrumentos de metal. Fixémonos que aquí esta palabra funciona como un adxectivo.
  4. Castelanismo. En galego sería rubor.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *