AO REVERSO DA NOITE

petapouca

LUCEIROS degolados

desángranse de ouro no Mar

 

De par de nós

a Lúa

fai ronseis infecundos

 

Mentres sonea a mareta

vai folleando no libro das velas[1]

 

Irredentos velamios exhaustos

resignados a pendurar da cruz

 

Estrelas inconscientes

mecanizan o obseso tic-tac

 

A auga toda dos océanos

ensumiuse nunha bágoa

 

E o pano branco do novo día

enxugará os ollos do ceo.

 


  1. A ausencia practicamente total de signos de puntuación na poesía de Manuel-Antonio permite interpretar de modo múltiplo algúns fragmentos dos seus poemas. Dúas son, aquí, as posibles interpretacións para esta estrofa ambigua. A primeira sería que a marusía, mentres adormece, vai vendo fugazmente as follas do libro das velas; a segunda, implicaría que a lúa, mentres a marusía dorme, vai folleando os velames. As dúas lecturas son lícitas, aínda que o senso poético (e tamén lóxico) inclínanos máis pola segunda.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *