…AO AFOGADO

petapouca

XA CHE levaran os ollos

relingadores[1] de lonxanías

e pescadores de profundidades

 

Xa che levaran a voz

asolagada na furna xiróvaga[2]

por onde escoan as tempestades

 

Xa che levaran os azos

enmallados na rede sonora

das cordaxes erectas

 

O vento aínda escovaba[3]

coas poutas de escuma

na xerfa[4]

máis cadaleitos

 

Ías xuntando soedades

Por un burato do Mar

chopaches[5] un día a buscarte

 

A noiva goleta

enloitada de branco

que cose rotas esquencidas

acena no vento as súas velas

como ese pano das despedidas

 

* Diálogo póstumo co afogado onde se nos enumeran as íntimas desposesións que a morte conleva.

 


  1. A relinga é unha corda para amarrar velas; relingadores, pois, serían os que cosen ditas cordas.
  2. Vagabunda.
  3. Este verbo parece significar, aquí, cavar.
  4. Superficie escumosa do mar que se estende en faixas nas proximidades das costas por efecto dos escollos.
  5. Este verbo significa mergullarse, sumerxirse.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *