A ESTRELA DESCOÑECIDA

petapouca

EU VINTE decote acobadada

naquela fenestra[1]

—tan a trasmán!—

que penduraches dunha constelación

 

O horizonte arrincaba cada día

pra ti

a folla de almanaque dunha vela

 

Pero nunca se enmallou

na falsa rede dos mapas celestes

a túa loira virxinidade

Cómplice a noite

engaiolaba o sextante[2] dos mariños

inxenuas perversións catalogadas

 

Viúva reiterada de tódolos vinte anos

que os mariñeiros repiten

cada volta que afogan

 

Endexamais souberon os cadavres[3] sen rumbo

que ti os amortallabas co teu ollar

Emproáramos a media noite

A sotavento da nosa singradura

vai decote unha nube desarborada

Coa súa esponxa de sombra

borrou pra sempre o teu mudo perfil

 

A alba nova sorprendeume

cacheando entre os luceiros

unha despedida que se me perdeu.

 


  1. Variante de fiestra, xanela ou ventá.
  2. Instrumento de navegación que se emprega para determinar a posición do barco mediante a medición de distintas angulares.
  3. Vulgarismo por cadáveres.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *