petapouca

I

f)

CHOVE NA CIDADE

Chove de noite na Cidade

Chove de noite na Cidade vella.

 

Na Cidade vella torta e sombriza

chove unha donda

cadea de eternidade.

 

Pra que os canos choren

por Sempre e máis Despois

chove na Cidade.

 

II

 

CHOVE NA ALDEA

Chove ó serán na Aldea

Chove ó serán na Aldea vella

 

Na Aldea vella doída e esquencida

chove unha donda

eterna cadea.

 

Pra que as ponlas das árbores choren

por Sempre e máis Despois

chove na Aldea.

 

g)…

NA AVENIDA de Mayo[1]

cavilando                  fica só

Tamén cavilan os pinos.

Púxose a Lúa.

Ese alalá leva na gorxa un nó.

Pero cavilarán nunha filosofía

de mouchos e de urros

e de ver pasar á mocidade

que volve da romaría.

Pola tarde no souto bailaron.

As mozas inconscientes.

Os mozos instintivos.

E fago xogos que os meus ollos rimaron.

A cachimba acesa e o leito onde me deito.

son dunha hiperestesia[2] donda:

repouso na cachimba

fumándolle o celme ó leito.

 

Unha muiñeira de frauta de cana

foise[3] enguedellar nas pernas novas

do calzón de lenzo

dun que ven da Habana.

O ceo todo se estreleceu de niños.

    adormentar

Aquel  {                         } do acordeón

    arrendear

En cada estrela dormen catro paxariños.

 

Consabida murga

de valses de almidón

equilibristas

coxos e tatexos

 

h)

Aqueles tristes ollos

que o tempo ten

porque se nos vai en latexos

que vencellou ós do mar.

O mar que leva na liña

solagadora das velas

algo que non pode Xuán afogar.

O outro mar          as Rías

agoniando aínda ós pés da praia

A sombra

feita martirio

amortallarao denantes de que morra

 

A corredoira

que de cavilacións sorraia[4]

Quero dormir escoitando

o espectáculo da Terra

que dorme cavilando

(PAUSA)

 

i)

É tan longo o silencio

que ó lonxe ouvea un can

Na Avenida de Mayo

xa deserta

 

Aínda fica só

caviloso

Xuán.

 
*Este poema emprega o recurso da amplificación nos tres primeiros versos. Notamos que o segundo poema é totalmente paralelo ao primeiro, tanto na súa estrutura sintáctica coma no seu contido pluvial.

 


  1. Rúa céntrica da cidade de Buenos Aires.
  2. Hipersensibilidade.
  3. Suprimimos aquí o castelanismo sintáctico de Manuel-Antonio: foise a enguedellar, eliminando a preposición.
  4. En galego correcto o verbo é suliñar. Mantemos o erro para non alterar a rima do poema.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *