GLOSARIO

petapouca

abuado: pálido, descolorido.

alar: tirar por unha corda, tirar polos cabos nunha manobra náutica.

atortorar: dar voltas ao tortor.

barlovento: lado do navío por onde sopra o vento.

bicada: cebo.

cabotaxe: navegación ou tráfico marítimo que se fai pola costa.

cais: voz que Manuel-Antonio emprega xunto con peirao.

calabrote: cabo groso co que se amarran os grandes navíos.

calima: bruma, néboa; a parte máis estreita do navío; conxunto de corchos enfiados a xeito de rosario que serven como boia.

cartafol: cartapacio.

chicote: cinturón de arrastre dalgunhas redes; corda da rede; extremo dun cabo.

chopar: mergullar, sumerxir.

cuadrante: Manuel-Antonio emprega esa voz como sinónimo de reloxo.

desarborar: tirar ou derrubar os mastros ou as enxarcias á embarcación; perder os mastros, desmastrarse.

descoberta: descuberta; descubrimento.

escamallo: conxunto de escamas; escamas de sardiña que se empregan para adobar a terra; rapina abundante e lucrativa que se barrunta na praia.

escota: cabo con que se gobernan as velas do navío.

estantío: estático, absorto.

fanal: farol grande que se usaba nos portos como sinal.

fasquía: traza, aspecto.

foula: escuma que o barco ergue na proa cando creba as ondas ou a superficie do mar.

gaff-top: vela triangular, pequena, que pendura baixo as astas dos mastareus, sobre as enxarcias.

gavia: especie de plataforma instalada no mastro.

gavieiro: o que viaxa na gavia.

jazz-band: voz inglesa que designa á orquestra de jazz composta, xeralmente, por unha batería, un ou máis baixos, un ou dous pianos, dous ou tres saxófonos e varios instrumentos de metal.

leit-motiv: motivo central dunha idea ou asunto.

leme: timón.

lied ohne worte: canción sen palabras.

lufada: rachada de luz viva e instantánea; rachada repentina de vento.

mallante: brezo ou residuos que fican na area cando a marea retrocede indicando o nivel ao que chegou.

mareta: pequena marusía.

marusía: marullada, axitación, mar picado; tempestade; cheiro a mar.

navy-bar: tasca mariñeira.

ortodrómica: liña que une os dous puntos extremos da rota dun navío; distancia máis curta entre eses dous puntos.

pailebote: pequena embarcación de dous paus de goleta.

paquebote: embarcación de vapor de pasaxeiros ou mercadorías.

peirao: embarcadeiro.

peteirar: picar as aves.

rafega: forma deformada do castelán ráfaga, en galego debe ser lufada.

randeeira: especie de asento para bambearse, bambán.

relinga: corda para amarrar velas.

relingador: que cose a relinga.

ronsel: escuma deixada polo barco cando avanta, estela.

rosa dos ventos: figura circular, colada no cuadrante da búsola e na cal están gravados trinta e dous raios correspodentes á dirección dos ventos.

roseta: Rosa dos Ventos.

roteiro: rota, itinerario.

setestrelo: nome vulgar da constelación das Pléiades, formada por sete estrelas, cercana á constelación de Tauro.

sextante: instrumento óptico para medir a distancia angular dos astros e a súa altura por riba do horizonte; pequena constelación boreal.

Simbad: personaxe aventureiro e marítimo das Mil e unha noites.

simblador: que treme, que vibra.

singradura: percorrido que realiza unha nave nun día .

sotavento: lado do navío oposto a onde sopra o vento.

tortor: cada unha das voltas con que se retorce, por medio dunha palanca, a trinca de cortiza que une dous obxectos afastados entre si.

tremelar: oscilar, axitarse unha cousa con movemento frecuente e involuntario.

trincar: suxeitar con cabos ou cordas; amarrar.

troquel: molde de aceiro para acuñar moedas ou medallas.

vaga: onda de grande tamaño producida pola marusía.

xerfa: superficie espumosa do mar que se estende en faixas nas proximidades da costa por efecto dos escollos.

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by petapouca. All Rights Reserved.

Feedback/Errata

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *