Book Title: De catro a catro e outros textos

Author: Manuel-Antonio

Cover image for De catro a catro e outros textos

Book Description: Composto durante a primeira navegación de Manuel Antonio, constitúe unha sorte de caderno de bitácora no que o poeta vai anotando as incidencias marítimas, peneiradas polas vivencias íntimas e pola creación poética.

License:
All Rights Reserved

Contents

Book Information

Book Description

De catro a catro consta dun total de 19 poemas que representan diversos avatares dunha singradura. O engado e a ilusión pola aventura, respostas provocadas polos sinais do cosmos e da natureza marítima, o paso dun barco, a monotonía da navegación, altos na travesía… e a despedida final que expresa unha fonda saudade polo mar. A paisaxe é fundamentalmente unha paisaxe marítima vista dende o propio océano. O fluír temporal maniféstase a través da sucesión dos elementos naturais do cosmos (o sol, a lúa, as estrelas, a noite, a alba) e a través dos elementos técnicos de medición (reloxo, almanaques, diarios, horas, cronometraxes). O devir temporal rexístrase fundamentalmente polo sentido da vista e do oído, ás veces superpostos en logradas imaxes.

A concepción da existencia é contraditoria: o estatismo preside a navegación e, ao mesmo tempo, todo pasa, nunha continua despedida. E ese adeus a todo, que provoca a saudade, únese á idea de naufraxio, persistente en toda a obra e que representa tamén unha vivencia íntima, que simboliza o extravío e o desarraigo existencial, propio de quen contempla a vida coma un incesante adeus. Manuel Antonio concibe o poema coma revelación das profundidades do eu e vive a travesía como medio de coñecemento cósmico e persoal.

Con anacos do meu interior recolle poemas de 1920 a 1922, cunhas imaxes e sintaxe que rompen coas tradicionais, no afán de evitar a simple representación poética do mundo circundante.

Foulas recolle poemas escritos dende 1922 a 1925: reafirma o vangardismo coa presenza de caligramas e imaxes sorprendentes ligadas a un sentimento íntimo.

Sempre e máis despois é un breve poemario vertebrado por un personaxe a quen o poeta lle cede a voz para cantar as súas vivencias pretéritas na aldea e o seu presente na cidade de Buenos Aires.

Viladomar, obra inacabada escrita no 1928, contén cinco poemas nos que o rianxeiro destila a súa visión do mar dende a ribeira.

Author

Manuel-Antonio

License

De catro a catro e outros textos Copyright © by Manuel-Antonio. All Rights Reserved.

Metadata

Title
De catro a catro e outros textos
Author
Manuel-Antonio
Editor
Román Raña Lama
Hashtag
#decatroacatro